Dende UNIMA Galiza temos o pracer de convidarvos cordialmente a participar na Xornada “Os títeres (TTVO) como ferramenta educativa”, que forma parte do programa A Cultura é un Dereito que ,que organiza a Deputación da Coruña para reflexionar sobre a función social e educativa das prácticas culturais.
Esta xornada abordará o valor pedagóxico dos títeres e doutros elementos do teatro visual e de obxectos como recursos para a aprendizaxe e o desenvolvemento nos contextos educativos. O encontro reunirá a persoas titiriteiras, docentes, estudantes e investigadoras interesadas en compartir experiencias, problemáticas e métodos de aplicación práctica deste recurso no ámbito educativo.
Data: Venres, 30 de xaneiro de 2026
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación, Campus Sur, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña).
Comisario: Gustavo Fouce Rodríguez
Produción: Patricia Cameán Calvete
Colabora: UNIMA Galiza e UNIMA Federación España.
A vosa asistencia e participación serán moi ben recibidas. A xornada é unha magnífica oportunidade para afondar no uso dos títeres como ferramenta educativa, compartir boas prácticas e conectar con profesionais do sector.
Inscrición: A participación require inscrición previa, que podedes realizar a través do formulario habilitado na web oficial: https://aculturaeundereito.gal/.